Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER)
Unha maneira de facer Europa
POSTA EN MARCHA DUNHA ESTRATEXIA DE GOBERNO ABERTO E OPEN DATA
A transparencia na xestión municipal que fará accesibles todos os datos públicos do Concello á cidadanía.

NECESIDADES
A operación está chamada a resolver tres necesidades:
- A adaptación á Lei 19/2013 de Transparencia, Acceso á Información e Bo Goberno.
- Corrixir as posibles dificultades dos cidadáns para acceder á información municipal.
- Solucionar o posible descoñecemento por parte da cidadanía dos principais asuntos municipais.
OBXECTIVOS
- Mellorar a transparencia na xestión municipal.
- Adaptación á Lei 19/2013 de Transparencia, Acceso á Información e Bo Goberno.
- Potenciar a participación cidadá, mellorando o acceso da cidadanía de Lalín aos procesos de toma de decisións.
- Mellorar o coñecemento que teñen os veciños de Lalín sobre os principais asuntos municipais.
- Deseño e desenvolvemento de ferramentas tecnolóxicas e plataformas de Goberno Aberto que faciliten o desenvolvemento real e efectivo de estos procesos no ámbito local.
- Formación dos empregados municipais en Goberno Aberto.
- Difusión do sistema de Goberno Aberto.
ACCIÓNS REALIZADAS
Espazo común dirixido á cidadanía, con especial fincapé na navegabilidade e usabilidade do sitio e centrado na xestión autónoma de contidos, cunha interface sinxela e intuitiva, capaz de ser xestionada por calquera usuario de ferramentas ofimáticas.
Operativa dunha solución de gravación, reprodución, xeración, sinatura electrónica e almacenamento de vídeos para os plenos das distintas institucións, incluíndo soporte técnico.
Contratación para a subministración e posta en marcha dun Portal de Transparencia para o Concello de Lalín, desenvolvendo unha serie de melloras nas súas ferramentas TIC e nas súas canles de relación co cidadán, co fin de mellorar a transparencia e fomentar a participación cidadá.
Subministración, instalación e posta en marcha dun sistema de gravación e retransmisión de actos que teñan lugar no salón de actos do Concello de Lalín, na Sala de Prensa do Concello e na pista principal do Lalín Arena, permitindo a realización manual e automática dos diferentes eventos que se celebran nos recintos enumerados.
RESULTADOS
- Redeseño e actualización integral das webs, adaptándoas ás novas esixencias lexislativas, así coma a integración de apps participativas nelas.
- Creación ex novo dun portal de Transparencia.
- Adquisición dun sistema de vídeo acta que facilite o acceso dos cidadáns ao proceso de toma de decisións dos órganos colexiados do Concello. A través destas novas ou melloradas ferramentas tecnolóxicas e plataformas de Goberno Aberto conseguirase unha maior transparencia na xestión administrativa e mellorarase o acceso á información administrativa municipal por parte dos cidadáns, así coma a propia participación cidadá.
- Desenvolvemento de accións formativas do persoal do Concello para a súa formación en solucións de Goberno Aberto.
Datos
124.800 €
99.840 €
24.960 €
NOTICIAS

O CONCELLO DE LALÍN LEVA A CABO UNHA ESTRATEXIA DE ‘GOBERNO ABERTO’ QUE MELLORA A SÚA TRANSPARENCIA E A RELACIÓN COS VECIÑOS MEDIANTE AS NOVAS TECNOLOXÍAS
O obxectivo é actualizar e mellorar os espazos virtuais do consistorio para dinamizar a participación cidadá.